O pasado venres tivemos a gran alegría de contar con Pavís Pavós nunha sesión de contacontos para bebés dentro do programa Ler conta Moito da Xunta de Galicia.
Vinte nenos, cos seus correspondentes acompañantes, gozaron de variadas historias de tradición oral e actuais da man de Tareixa Alonso, axudada nalgúns momentos polo noso compañeiro, Cote.
A nota triste da tarde púxoa a ausencia de Xacobe que, por tristes motivos, non puido formar parte do dúo como é habitual; pero Tareixa deu todo de si, desdobrándose e convertendo a actividade nun exercicio de paixón e entrega. Moitas grazas, Tareixa!
Aquí todas as imaxes:
As 20:30 foi a hora de partida para unha actividade, organizada ao limón pola Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela e as mesmas, na que arrincou a primeira charla-coloquio da serie adicada aos oficios do libro.
Nesta ocasión foi a edición a que centrou a exposición e posterior debate, sendo abanderado de tan noble oficio, Enrique sánchez Sotelo, profesor, escritor e editor da viguesa Discursiva.
Multitude de anécdotas e curiosidades infestaron a charla e as respostas ás interesantes preguntas dos asistentes, descubríndonos así, todas as reviravoltas dun labor moi descoñecido e no que os operarios do mesmo, aparecen, en moitas ocasións, como os malos dentro da cadea dos oficios do libro.
Como remate, e grazas á xentileza da editorial, un sorteo de dous lotes de libros...mágoa que nos nos tocaron á biblioteca! :)
Un final de venres moi interesante e sumamente agradable. Moitísimas grazas a Enrique e a Asociación de Amigos das Bibliotecas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario