Este venres temos novo parladoiro organizado pola Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela.
Desta quenda será Chapela o lugar onde se fará a esta nova proposta de charla, coñecemento e debate, coa que as bibliotecas municipais tamén colaboramos.
Desta quenda será Chapela o lugar onde se fará a esta nova proposta de charla, coñecemento e debate, coa que as bibliotecas municipais tamén colaboramos.
O Multiúsos do Piñeiral acollerá esta actividade que, co título "A vida dos outros: a ciencia, a bioloxía e a vida fóra da Terra", abordará dun xeito científico a posibilidade de vida noutros planetas.
Que é o que define a vida? Que indagacións se teñen feito para atopala no Sistema Solar? E que supón o achádego de novos planetas? Seremos quen de contactar con outras civilizacións? Que coñecemento científico hai (no campo da bioloxía, da física ou da astronomía) que nos permita facer conxeturas sobre a vida extraterrestre?
Para abordar todas estas cuestións contaremos con Carlos Fernández, licenciado en bioloxía e profesor do redondelán IES Mendiño, e grande afeccionado á ciencia ficción e aos temas de divulgación científica.
A cita será este venres, 7 de Abril, ás 20:30 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario