martes, 4 de abril de 2017

"O curral de Cocoricó": contos para bebés para festexar o Día do Libro Infantil

O curral de Cocoricó, contacontos para bebés na Biblioteca de Chapela

Ver aquí as fotografías.

Este luns festexamos o Día do Libro Infantil e Xuvenil na biblioteca de Chapela, achegando ao público máis cativo, os bebés, a ledicia dos contos.



A coñecida contadora Charo Pita estaba con nós para acoller a esas familias na súa primeira achega aos contos. E coa súa mestría foi quen de conducir a cativos e adultos a través dos sons, as vogalizacións, os movementos, os obxectos e as ilustracións dos libros, acollendo no seu seo de inventora de historias as sorpresas, os choros, as risas e os aplausos sorprendidos dos máis cativos.
  
Charo Pita saudando a Leolo e a Gato 

A actividade tivo lugar grazas ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: