Os cativos dos tres ciclos de Infantil do CEIP Alexandre Bóveda de Chapela achegáronse á biblioteca municipal para coñecer as súas instalacións e os seus servizos.
Como este ano están traballando co tema da ARQUITECTURA, na biblioteca amosámoslles moitos libros que falan das cidades e das construcións, e contos que se desenvolven en casas, pazos, cabañas, casas de árbores, iglús... (hai tantos!)
E como non hai mellores construtores na nosa literatura tradicional que "Os tres porquiños", contamos este conto, e pudemos constatar que estes rapaces e rapazas o saben moi ben, sendo así bos coñecedores da tradición oral.
O segundo conto descrebe de xeito moi divertido as estancias da casa, e está cheo de monstros e de sorpresas: "A casa da miña avoa".
O segundo conto descrebe de xeito moi divertido as estancias da casa, e está cheo de monstros e de sorpresas: "A casa da miña avoa".
Os cativos colorearon propostas sobre diferentes construcións e arquiteturas que poden poboar a nosa cidade imaxinaria, que quedaron expostas nun mural á entrada da biblioteca.
Por último, e enlazando con un dos contos, os rapaces puderon cantar á Biblioteca de Chapela o "Parabéns para tí", polo seu 12 aniversario, e degustar unha riquísima tarta de gominolas.
E velaquí uns fragmentos en vídeo desta mañá tan divertida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario