Catrocentos
trinta e un alumnos do CEP Santa Mariña e o EEI A Marisma de Redondela,
de entre 5 e 12 anos, reuniranse ao longo do Paseo da Xunqueira o xoves 4 de maio
para ler e compartir lecturas e convidar de paso a todos os que
circulen polas inmediacións a que se unan a eles nesta actividade. Con
este fin dispoñeranse uns expositores con lecturas variadas, entre as
que non faltarán as obras de Carlos Casares a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, para que todos os que o desexen poidan dedicar uns
instantes para gozar da lectura dentro desta especial iniciativa.
Así
mesmo, os participantes recibirán a visita da Coca Simona, disposta a
participar destas lecturas conxuntas, que repartirá marcapáxinas
conmemorativos do centenario de Gloria Fuertes cedidos pola editorial
Susaeta.
Ademais,
os nenos e nenas intercambiarán marcapáxinas, que foron elaborados por
eles mesmos, e recibirán unha chapa conmemorativa do evento.
A
continuación das actividades no exterior, o alumnado entrará no
auditorio do Multiusos para asistir a diversas actuacións entre as que
destaca a de Paco Barreiro e así mesmo outras dos propios nenos de
infantil e primaria de ámbolos dous coles.
Lectura
na Rúa, que se desenvolverá de 10:00 a 13:30 h., é unha inicativa da
biblioteca do CEP Santa Mariña que conta coa colaboración do EEI A
Marisma e as Bibliotecas Municipais de Redondela
No hay comentarios:
Publicar un comentario