domingo, 25 de junio de 2017

AVISO IMPORTANTE PARA OS SOCIOS DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

En breve, as Bibliotecas de Redondela comezarán a implantación dun novo sistema de xestión bibliotecaria (KOHA) que permitirá aos usuarios, por vez primeira e cun carné único, acceder aos servizos de todas as bibliotecas galegas integradas neste programa. 

Isto supón para as bibliotecas, entre outras cousas, a emisión dun novo carné e, para proceder a isto, ter actualizados os datos dos nosos socios

Por iso, rogamos aos socios das bibliotecas de Redondela, tanto adultos como infantís, pasen polo devandito servizo para proceder a esta actualización.
 Moitas grazas

No hay comentarios: