As
bibliotecas de Pazos, Redondela e Soutomaior, levan a cabo a súa
primeira colaboración no ámbito da animación á lectura
A
contacontos granadina Ruth Galindo, percorrerá varias localidadescon “Los cuentos de Ití”, grazas a unha iniciativa da Biblioteca
de Pazos de Borbén
-----------------------
Ben
coñecido é xa o papel que nas bibliotecas da nosa contorna teñen
as actividades de animación lectora. As bibiotecas municipais de
Redondela, Soutomaior e Pazos de Borbén ofrecen con regularidade
espectáculos de narración oral para os cativos/as, pero tamén
outro tipo de propostas dinamizadoras, coas que ademáis de promover
as gañas de ler, dan valor a estes centros como lugares para a
aprendizaxe, a diversión e o encontro.
A
realización destas actividades supón sempre un esforzo por parte
destas bibliotecas, na xestión e, tamén no que toca aos orzamentos.
Nos últimos anos o financiamento dende a Rede de Bibliotecas de
Galicia, a través do programa Ler conta moito, leva axudado a
achegar a estes centros a recoñecidos artistas, creadores e
animadores do panorama galego.
Fóra
das nosas fronteiras, contactar con outros artistas, creadores e
comunicadores é máis difícil para bibliotecas de poboacións
pequenas. Porén, a iniciativa da Biblioteca Municipal de Pazos de
Borbén para coordinar a todos os centros bibliotecarios, dará como
resultado a primeira colaboración conxunta para a animación lectora
das bibliotecas desta contorna. Así, atravesando de Sur a Norte a
Península Ibérica, contaremos para a vindeira semana, nas nosas
bibliotecas, cunha excepcional contadora proveniente de Granada: Ruth Galindo.
Ruth
Galindo, granadina de nacemento, é Directora da Biblioteca de Híjar
(As Gabias, Granada). Dita biblioteca está irmandada con México e
Costa Rica e ven de ser galardoada en multitude de ocasións polo
Ministerio de Cultura grazas á súa intensa actividade en prol da
animación lectora. Doutra banda a nosa contadora tamén é Xerente
de Los niñ@s de las Estrellas, unha Asociación Cultural
na que non faltan animacións como: contacontos, cantacontos,
monicreques, cantaxogos e unha infinidade de espectáculos para todos
os públicos.
Da
inmersión desta traballadora na animación cultural naceron "Loscuentos de Ití”, unha marioneta que conquistará o corazón dos
pequenos/as da casa e que, agardamos, terá moito éxito na súa
posta en marcha nas bibliotecas da nosa área intermunicipal.
“Los cuentos de ITí” de Ruth Galindo foron editados en formato
libro no ano 2014, na colección infantil Caramelo de EdicionesDauro,
ilustrado por Ágata Lech Zobczak.
As
datas das súas actuacións serán as seguintes:
-
Martes 6 de xuño, 18:30 h.– Biblioteca Municipal Valle-Inclán de Redondela
- Mércores 7 de xuño, 13:00 h. – Biblioteca de Pazos de Borbén
- Mércores 7 de xuño, 18:30 h.– Biblioteca ALM de Chapela
- Xoves 8 de xuño, 17:00 h.– Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior
- Venres 9 de xuño, 13:00 h.– Auditorio Concello de Pazos de Borbén
- Sábado 10 de xuño, 20:00 h.– Multiusos de Arcade – Soutomaior
No hay comentarios:
Publicar un comentario