lunes, 12 de junio de 2017

Fin de semana de maxia, agasallos e lectura coas bibliotecas municipais na II Feira do Libro de Redondela

As bibliotecas municipais na Feira do Libro de Redondela, 2017
Preme no enlace para ver o álbum de fotografías
Durante estes días as bibliotecas municipais de Redondela gozamos do contacto cos lectores nunha contorna diferente. 

Por segundo ano celebrouse a Feira do Libro na Alameda da nosa vila, e as bibliotecas estivemos presentes para convidar a todos os veciños, veciñas e visitantes a coñecer as bibliotecas e inscribirse como socios, así como tamén a achegarse aos nosos libros e, como non, para animar aos paseantes a achegarse á lectura.


Ademáis de abrir coa nosa caseta un dos espazos máis animados da feira, repartimos moitos caramelos e marcapáxinas e tamén participamos nalgunhas actividades:
Tivemos moito movemento na nosa caseta, moitas visitas amistosas e ilustres, como a Coca Simona, coa que temos tanta amizade.



Todo o persoal das bibliotecas municipais estivemos presentes ao longo destes días, pero tamén nos axudaron moito algúns dos membros da Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela, aos que, de novo, lles estamos moi agradecidos.


Ademáis, aproveitando algunhas das efemérides literarias destacadas deste ano, fixemos o noso recuncho para a obra de Carlos Casares, e tamén para os libros de poemas de Gloria Fuertes. A maxia e os libros de aventuras, o fondo sobre Redondela, a prensa e algunhas revistas... E, por suposto, Leolo... Todo tivo cabida nestes intensos e felices días de feria e de saír á rúa.


Agora tócanos descansar, porque estamos esgotados, pero a Leolo e mais a Gato, as mascotas da biblioteca e mais da Asociación de Amigos das Bibliotecas, encántalles saír aos espazos verdes da nosa vila e encantoulles a experiencia. Así que contade con nós para futuras ocasións. Ata outra!




No hay comentarios: