Préme na imaxe para ver as fotografías |
Esta semana gozamos nas bibliotecas de Redondela de dúas contadas moi animadas e diferentes. A bibliotecaria e contadora Ruth Galindo, procedente de Híjar (Granada) e inmersa nun "tour biblioconteiro" moi viaxeiro, achegouse aos nosos centros de Redondela e mais de Chapela, para presentarnos á súa marioneta Ití e contar contos con ela.
Ití é un personaxe que ven doutra galaxia, e que vai coñecendo cousas moi curiosas do noso planeta Terra, que incorpora nas súas historias. Os seus contos están cheos de personaxes tenros e curiosos, e todos eles se fan un óco na maleta de Ruth Galindo, para compartir con nenos e adultos as súas cousas.
Pero foi Gloria Fuertes o personaxe que máis nos namorou a todos os presentes. Gloria, cos seus 100 anos ás costas saudou a nenos e adultos e animounos a falar da poesía e a recitar algún verso. Ela mesma nos recitou un dos seus máis coñecidos.
Ití coñece a Leolo e mais a Gato. Conxeniaron moitísimo! |
Gloria Fuertes recita unha das súas inmortais poesías acompañada de Ruth Galindo |
Elena bailando con Ití |
Mª José coñecendo a Ití |
Ruth Galindo, durante o contacontos en Redondela |
Ruth Galindo durante o contacontos en Chapela |
No hay comentarios:
Publicar un comentario