O Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle ata o próximo 10 de xaneiro de 2018 unha exposición bibliográfica da poeta madrileña Gloria Fuertes, impulsada con motivo do centenario do seu nacemento (1917-1998).
A mostra recolle unha variada representación de libros da autora e de obras adicadas á mesma, con especial presenza das que se publicaron neste 2017 con motivo da devandita conmemoración.
Nórdica Libros, Blackie Books, Susaeta ediciones e Reservoir Books son algunhas das editoriais representadas en esta mostra bibliográfica.
Esta actividade complementarase cun contacontos para nenos que terá lugar o próximo 20 de decembro na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela.
Organizan: Bibliotecas Municipais de Redondela e Fundación Filomena Rivero Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario