viernes, 20 de abril de 2018

Festa do Libro con Lectura na Rúa

O Día do Libro é un día alegre e festivo e así o celebramos hoxe (aínda que sexa día 20), por segundo  ano consecutivo, o alumnado e profesorado do CEP Santa Mariña, EEI A Marisma e o IES Illa de San Simón e as Bibliotecas de Redondela.

De 10:00 a 12:30 h.  da mañá,  500 pequenos-grandes lectores tomaron o Paseo da Xunqueira para enchelo de lecturas, silenciosas e compartidas, e de cancións e bailes que falaban da alegría de ler. 



  Moitos foron os visitantes desta lectora concentración, entre eles Javier Bas Corugeira, alcalde de Redondela, que animou a continuar con esta iniciativa nos vindieros anos e, unha figura entrañable e moi querida por todos os nenos, a Coca Simona, que se uniu a todas as actividades que se realizaron. 

 Accede aquí a todas as imaxes do evento:
 
Lectura na Rúa
As Bibliotecas de Redondela colocamos un recuncho de lectura, dedicado a algunhas das efemérides literarias máis destacadas deste ano,  para que todos os que se achegaban ao lugar puidesen dedicar un intre a unha plácida lectura.

Podedes visualizar esta festa lectora nuns pequenos vídeos:



No hay comentarios: