de Rosaura a cociñeira,
que as noites de lúa chea,
mentres os demais durmían
elaboraba receitas ao ritmo dunha muiñeira
enchendo de estraños cheiros
a casa da costureira.
Onte presentouse o libro "As receitas de Rosaura" na Biblioteca de Chapela. Un libro infantil de poemas moi belamente editado por Belagua.
Rosaura é unha namorada da cociña e o libro nos presenta, a través duns animados versos, o seu traballo nos fogóns. O libro tamén nos describe en verso as súas receitas, e que están pensadas para que os rapaces e rapazas as podan facer nas súas casas.
Os trebellos, os ingredientes, as cantidades, e os procesos de elaboración están todos presentados nesta historia rimada de gastronomía e pucheiros, a través das mans dunha cociñeira desenvolta e simpática como Rosaura.
O libro ten un fermoso booktrailer, realizado pola ilustradora, e para o que contaron coa axuda do pianista Alejo Amoedo, que interpretou para el unha peza do compositor, redondelano de adopción, Reveriano Soutullo: "En la playa".
Rosaura ten agora unha nova historia, Rosaura e o mar, novamente escrita e ilustrada polas mesmas creadoras.
Rosaura son moitas mulleres, as mulleres de Galicia, que teñen forza e deixan a súa pel aló onde traballan.
Ao rematar a presentación, fixemos un obradoiro con pais e cativos, para definir cal podería ser unha futura Rosaura.
Saíron moitas ideas, desde enfermeiras ata astronautas, pasando por superheroínas... Agardamos poder velas nun futuro nos versos de Isabel Blanco e nos trazos e as cores de Luz Beloso.
Graciñas a todos os que participastes na actividade, e grazas ás responsables deste fermoso proxecto literario por vírnolo presentar.

No hay comentarios:
Publicar un comentario