Tarde máxica de contos para festexar a nosa efeméride máis querida do ano. Na biblioteca, cuna dos libros, non esquecemos unha data tan importante para destacar o importante que é a lectura.
E para tal día, nada mellor que esa metaliteratura onde os contos están cheos de contos e contan contos. Unha matrioska fascinante de narración feita a dúas voces: o galego e mais a lingua de signos.
Unha actividade que foi tamén un bonito xeito de iniciarse nun sistema de comunicación fascinante, ao que nenos e pais asistentes tiveron ocasión de achegarse esta tarde, na biblioteca de Chapela, grazas ao fermoso traballo de ContAZ.
As contadoras de ContAZ entregaron o agasallo ao mellor lector de 2017 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario