As bibliotecas municipais de Redondela estivemos presentes a pasada semana no festival Redondela en Curto.
Este ano facemos o noso 50 aniversario, e celebrámolo estando presentes nos eventos festivos e culturais máis senlleiros da nosa vila.
Ao comezar cada bloque de curtas, o festival emitía un dos nosos anuncios publicitarios Non ler prexudica seriamente a saúde.
Grazas a Redondela en Curto e aos seus responsables por acollernos con tanto agarimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario