viernes, 18 de mayo de 2018

Contos no Faiado: contacontos na Biblioteca de Chapela dentro dos Venres Cativos do programa Apego


Os Venres Cativos do programa Apego, organizados polo Servizo de Normalización Lingüística do noso Concello, trasládanse a vindeira semana á biblioteca de Chapela.

O venres 25 de maio, ás 18:00 h, recibiremos á contadora Marta Ortiz para que nos achegue os Contos no Faiado.

Serán contos nos que repasaremos algunhas das historias máis coñecidas de María Victoria Moreno, homenaxeada das Letras Galegas do 2018.

  • Contacontos para rapazada a partir de 5 anos.
  • Entrada libre.
No caso de que o tempo acompañe, realizaremos a actividade ao aire libre, no Piñeiral do Crego.

No hay comentarios: