O pasado venres a biblioteca de Chapela recibiu a presentación do libro e mais do proxecto solidario "Elefantes de Papel".
María Salinas e Berto Pirata cos carnés "axigantados" das bibliotecas de Redondela #eubibliotecasredondela50 |
María Salinas falounos de como se xestou o libro: un conxunto de 52 relatos, 26 textos cada autor, e como se orixinou a idea de xuntar estes textos nun libro que se convertiría nun alento de solidariedade que percorrería un extenso territorio, chegando a facer con el un total de 52 presentacións.
O proxecto levaba consigo que en cada unha das presentacións ao público se lle daría protagonismo a unha ONG ou entidade solidaria local, que pudese á súa vez presentar o seu traballo. Neste caso foi Andaina quen coa súa valente e necesaria labor en favor da integración dos nenos con diversidade funcional, estivo presente nesta charla.
Por último o chapelano Berto Pirata falounos de todo o proxecto solidario que sostén esta publicación, e todo o periplo que ámbolos dous escritores-aventureiros están a facer a través do libro.
Berto Covelo recitou dúas poesías: "Teño o corazón senlleiro (Viaxe ao país dos ananos)", de Celso Emilio Ferreiro "Defenderé la casa de mi padre", de Gabriel Aresti |
Agradecemos aos autores ter contado coas nosas bibliotecas para formar parte desta cadea solidaria e agardamos moitos éxitos ao libro e ao proxecto final solidario que se vai desenvolver coa recadación do mesmo.
Na Biblioteca de Chapela temos xa un exemplar deste libro, asinado polos dous autores. Podedes achegarvos a el para somerxervos nos seus relatos breves cheos de evocacións poéticas e emocionais.
Grazas Elefantes de papel!
No hay comentarios:
Publicar un comentario