Colexios,
institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan
desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a Radio Local
coa que se busca conmemorar os 150 anos da “chegada” do Nautilus a enseada de San Simón.
En total máis de 15 horas de radio que se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas
e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito diferente a un texto de
referencia nas novelas de aventuras, a novela “Vinte mil leguas baixo
dos mares” de Jules Verne.
Nas
últimas semanas foron ducias de persoas as que se foron achegando aos
estudios da Radio Municipal de Redondela para participar desta
iniciativa que busca conmemorar a chegada do Nautilus á Enseada de San
Simón. A iniciativa, enmarcada dentro do programa de actividades que as
Bibliotecas Municipais están a desenvolver co gallo do seu 50
aniversario, busca dar a coñecer a obra de Jules Verne centrándose nun
dos seus textos máis vinculados coa nosa vila. De feito, un dos
capítulos de referencia deste “Vinte mil leguas baixo dos mares” recolle
a viaxe que traería ao famoso submarino Nautilus a mando do capitán
Nemo ata a enseada de San Simón.
Desde
a Radio e as Bibliotecas, agradecen a implicación veciñal nesta
iniciativa xa que dende o primeiro momento foron numerosísimos os
veciños que se achegaron aos estudios da emisora a gravar coas súas
voces un fragmento deste libro. Unha colaboración que chegou tamén dende
os colexios coas voces de nenos e nenas da Unitaria de Ventosela, do
CEIP de Reboreda, do CEIP de Cedeira así como os estudantes dos
Institutos de Chapela, Floriani, Illa de San Simón e Mendiño. Así mesmo
destacar tamén a participación daeditorial Ir Indo que ademáis de autorizar o uso da súa obra para esta actividade tamén participou na lectura
Accede aquí a algunhas das fotografías das gravacións:
A
participación veciñal foi tal que se logrou gravar a totalidade do
libro. 472 páxinas que se traducen en máis de quince horas de gravación
que se poderán escoitar os días 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a
14:00 e de 15:30 a 20:00 horas na Radio Municipal de Redondela no 94.9.
Ademais
de render homenaxe ao escritor e festexar a “visita” do submarino ao
noso concello, as Bibliotecas e a Radio Municipal consideran que se ten
logrado todo un récord con esta iniciativa ao tratarse da lectura
radiofónica máis longa feita dunha obra destas características.
No hay comentarios:
Publicar un comentario