O Pleno do Concello de
Redondela, celebrado o xoves 29 de novembro, acordou por unanimidade aprobar a proposta
de nomear á biblioteca de Chapela co nome da poetisa e tradutora luguesa
Xela Arias.
A concelleira de Cultura ,
María Teresa París, expuxo a proposta, levada previamente a Comisión, para
dotar de nome a esta biblioteca que forma parte da unidade administrativa das
Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela as cales teñen como biblioteca
central á Biblioteca P. M. Valle-Inclán.
Xela Arias Castaño
(1962-2003), foi portadora dunha poética moi persoal
e audaz que
aportou á poesía galega
elementos innovadores, tanto no contido
como na forma. Debido ao seu prematuro
falecemento aos 41 anos de idade, a obra de Xela Arias é escasa
pero de grande calidade de feito a poeta salienta entre os poetas
galegos da xeración dos 80. Segundo palabras da
Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)
"Xela
cuestionou e subverteu as construcións xenéricas e
lingüísticas, tamén os límites tradicionais impostos ao texto, mediante un labor
creativo na que a provocación sempre estivo intimamente ligada á reflexión
fonda, lúcida e
intelixente".
O seu primeiro libro Denuncia do
equilibrio (1986) presenta unha temática heterogénea onde unha
deliberada despreocupación pola forma cede o protagonismo ao fondo, nel debulla
obsesións que se repiten ao longo da súa obra, cun linguaxe poético persoal que
poderiase calificar como vanguardista, facendo fincapé en códigos e símbolos
propios. No poemario Tigres coma Cabalos (1990) hai xa unha
clara evolución no estilo da poeta, coidando máis a forma e utilizando maiores
puntuación e unha síntexe menos arbitraria. No seu libro Dario a
Diario (1996) experimenta a maternidade dun xeito intimista. Coa súa
obra Lili sen pistolas quedou finalista no prestixioso
premio de poesía Esquio. O seu derradeiro libro Intempériome
(2003) que non pudo presentar porque a morte a sorprendeu dúas semanas
antes, deixa patente a madurez literaria e o momento creativo que vivía a
autora.
Xela Arias foi unha muller
excepcional, unha galega comprometida coa cultura e coa lingua do
país, coñecedora das correntes literarias que viñan de fóra fronte á temática
social que mantiña a poesía galega anterior. A autora comprométese directamente
na súa obra co individuo, polo que se podería afirmar que Xela Arias foi unha
das principales artífices da renovación temática e estética da poesía galega
podendo encaixala na corrente de "poesía da muller" e polo tanto ser precursora
do literario feminino dos anos 90.
A proposta do nome de Xela Arias foi
presentada desde a biblioteca do Instituto de Chapela onde a autora
foi profesora
No hay comentarios:
Publicar un comentario