Miguel Álvarez, Tenente Alcalde e Mª
Teresa París, Concelleira de Cultura entregaron os premios
“Mellores Lectores Infantís do Ano 2018” aos usuarios menores de 14 anos que
máis utilizaron o servizo de préstamo nas Bibliotecas Municipais de
Redondela
As Bibliotecas Municipais de Redondela recoñeceron un ano máis aos
lectores que maior uso realizaron do servizo de préstamo, atendendo aos datos
que rexistraron as súas estatísticas. Miguel Álvarez, tenente de
alcalde do concello de Redondela, fixo entrega dos
premios durante a “Gala Infantil 50 Aniversario” que tivo lugar no Auditorio do
Multiúsos da Xunqueira en Redondela, o pasado 25 de
xaneiro.
Os lectores galardoados foron Antón Pekka, de
catro anos, na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela e
Raquel Rodríguez, de 8 anos, na Biblioteca P. M. Xela
Arias de Chapela (Redondela) que recibiron como obsequio un diploma que os
fai merecedores dun premio para a adquisición de
libros nunha librería do municipio e unha figura
conmemorativa do 50 aniversario das Bibliotecas
Municipais de Redondela.
O acto de entrega de galardóns pechouse coa Gala Infantil conmemorativa do 50 aniversario das Bibliotecas Municipais de Redondela na que
277 persoas gozaron da actuación do grupo musical “ Uxia
Lambona e a Banda Molona”
No hay comentarios:
Publicar un comentario