E dentro da proposta de actividades para os máis pequenos que vos achegamos dende as bibliotecas municipais de Redondela, podemos anunciar unha da que tiñamos gañas.
Por que non gozar da POESÍA cos máis cativos?
A biblioteca Xela Arias de Chapela convídavos a gozar desta arte con Yolanda Castaño.
A coñecidísima poeta e dinamizadora cultural achegarase á nosa biblioteca para contar connosco en verso e pasar un bo rato literario cos máis cativos e as súas familias.
O contacontos, con entrada libre, está pensado para rapazada a partir de 3 anos.
Data da actividade: VENRES 20 DE SETEMBRO, ÁS 18:30 H.
A actividade realízanse dentro do programa Ler Conta Moito, da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, para a dinamización da lectura nas bibliotecas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario