A World Wide Fund for Nature
(Fondo Mundial para a Natureza, WWF, polas súas siglas en inglés)
convidou por primeira vez en 2016, a través da campaña 'Cal é o teu papel no Nadal?', a reutilizar o papel de xornal como recurso creativo
para envolver os agasallos na época do Nadal.
Hoxe, tres anos despois, o
WWF relanza de novo esta campaña nestas datas prenavideñas para motivar o consumo responsable e reutilizar o papel de xornal como papel de agasallo nun chamamento á sustentabilidade.
As Bibliotecas Municipais de Redondela, unímonos a esta proposta, desde o día de hoxe, en que
finaliza o cume do clima, ata o próximo 5 de xaneiro, facilitando a todo
o que o desexe papel de xornal do noso fondo para reciclar.
O único que tedes que facer é achegarvos á Biblioteca de Redondela ou á Biblioteca de Chapela e dirixirvos ao persoal do mostrador que vos facilitará os xornais que necesitedes.
Ata esgotar existencias
Con esta proposta a biblioteca contribúe á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible auspiciada polas Nacións Unidas. Concretamente, aos obxectivos 12, sobre o consumo responsable, 13, sobre a acción polo clima e mais ao 15, sobre a vida e ecosistemas terrestres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario