No 2º andar do Multiúsos da Xunqueira, en Redondela, están ubicados
diversos servizos con atención ao público, o que implica, nalgunhas
ocasións, unha pequena espera para algúns usuari@s dos mesmos.
Para "amenizar" eses momentos, as bibliotecas habilitamos un pequeno
recuncho de lectura de revistas de diferentes temáticas, no corredor
desa planta, que está á vosa disposición desde esta mañá.
Así mesmo, nel podedes atopar información sobre os servizos das
nosas bibliotecas e o impreso que hai que cubrir para facerse soci@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario