sábado, 21 de marzo de 2020

Acceder a Galicia Le durante a corentena é máis doado



Debido á situación de confinamento forzoso na que nos atopamos, desde a Rede de Bibliotecas de Galicia habilitouse a posibilidade de darse de alta desde a casa na plataforma de préstamo electrónico "Galicia Le" co fin de poder acceder á Biblioteca Dixital da rede.

É tan sinxelo como entrar no seguinte enlace e cubrir os datos persoais despois de seleccionar o concello no que vives (se non o atopas, deberás seleccionar “Outra  localidade”):
Aínda que o correo electrónico ou o número de teléfono non son obrigatorios, si que é moi recomendable que os indiquedes por se vós xurden dúbidas ou tedes problemas para acceder.
https://www.galiciale.gal/
No prazo dun mes desde a fin da corentena deberedes achegarvos á biblioteca para obter o carné se queredes continuar gozando do acceso a GaliciaLe. 

Facer o carné da biblioteca é gratuíto e simplemente hai que cubrir un formulario de solicitude e presentar o carné de identidade 

No hay comentarios: