viernes, 13 de marzo de 2020

Se tes que quedar na casa....#quedanacasaele

As bibliotecas de Redondela namorámonos da campaña de concienciación cidadá realizada polos sanitarios da Comunidade de Madrid: #quedateencasa, para frenar os contaxios e axudar a non expandir o COVID-19.  Nós tamén queremos contribuir  e lanzar a nosa campaña, promovendo o esforzo de quedar na casa e, xa de paso, fomentando a lectura.

Porque nestes días de alerta sanitaria o máis importante que podes facer por tí e polas persoas que che rodean é quedar na casa. Fagamos desta crise unha oportunidade, e aproveitemos para ler aqueles libros que tiñamos pendentes... eses que se nos acumulan na mesiña de noite 😊.
Na casa, con lecturas, é máis levadeiro e máis pracenteiro.

Dende as Bibliotecas municipais de Redondela convidámosche a que compartas nas túas redes sociais unha imaxe do teu recuncho de lectura para estes días ou de como estás ou estades sacando proveito para achegarvos aos libros. Propoñémosvos o cancelo (#) #quedanacasaele #quedateencasaylee

 

Así mesmo, baixo este mesmo cancelo, comezamos un espazo en colaboración coa Radio Municipal de Redondela para lembrar ferramentas útiles de caracter cultural, con especial incidencia nas relacionadas coa lectura, para estes días de confinamento.

Fagamos viral un chamamento  para que a cidadanía quede na casa e fomentemos a lectura!

Sairemos desta, e farémolo reforzados e máis cultivados e sabios 😉. Se tes que quedar na casa, goza da lectura.
 
O noso Leolo aproveita para ler na súa casa



#quedanacasaele
#quedateencasaylee
 
#yomequedoencasa
#quedateencasa
#quedanacasa

No hay comentarios: