sábado, 13 de junio de 2020

Reabren as salas de estudo nas Bibliotecas de Redondela

👉 REABRIMOS, este luns, 15 de xuño,📖📚 as nosas salas de estudo, respetando o aforo, cumprindo sempre a distancia interpersoal e a limpeza e hixiene axeitados🏨

📌No caso da sala de estudo da Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela, para ampliar o número de postos dispoñibles, adaptouse un dos espazos da planta baixa do Multiúsos da Xunqueira🏣acadando un total de vinte prazas para estudo📚📖
 
As persoas interesadas poderán acudir ás salas de estudo DE LUNS A VENRES DE 08:30 A 14:00 HORAS. Ao chegar ao Multiúsos deben solicitar, no mostrador da entrada, un número que se corresponde co do posto asignado para o estudo; ese número entregarase de novo á saída para que o persoal poida sinalizar ese posto para a súa hixienización.

📌Na Biblioteca P.M. Xela Arias de Chapela (Redondela) o horario será DE LUNS A VENRES DE 09.00 A 14:00 HORAS



👉Os restantes servizos activos, que se incorproraron progresivamente nas fases anteriores son: préstamo e devolución, uso de computadores, servizo de referencia, información e consulta bibliográfica

No Faro de Vigo 
En Radio Redondela
Na web do concello
 
 

No hay comentarios: