O venres 28 de agosto ás 11:30 da mañá, gozaremos, durante 50 min., dun espectáculo moi, moi especial: o Cinema marabillas, da man de Raquel Queizás.
Pasarémolo xenial vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos clásicos e marabillosos da literatura : Alicia no pais das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, Polgariño,...
Redescubriremos eses contos tradicionais e imperecedoiros e que o cine mudo é unha expresión que pode resultar moi divertida.
Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.
A literatura é e sempre será unha gran fonte de inspiración para o cine. O cinema tamén se le!
Alicia no pais das Marabillas, Peter Pan, O Mago de Oz, Polgariño, as protagonistas destas historias son nenas e nenos que teñen preocupacións e reflexionan sobre o mundo no que viven. Son fortes, sensatos e pensan por si mesmos.
Reflexan as etapas evolutivas d@s espectador@s máis cativ@s. Axudan a formar o seu pensamento crítico, e a súa capacidade reflexiva sobre temas como a amizade, o amor, o respecto polo diferente…
Estas historias nacen dentro de nós cando somos crianzas. A unha nena, a un neno gústalle vivir aventuras, explorar diferentes lugares, xogar a ser piratas…
Benvidas, benvidos ao “Cinema Marabillas”
DESDE OS 6 ANOS.
DE BALDE. PRAZAS LIMITADAS. INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA DE REDONDELA (TFNO. 986401561)
Dirección e interpretación: Raquel Queizás
Duración: 50 min.
No Atlántico Diario (19/08/2020) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario