Esta mañá, con Xosé Covelo da Sociedade Cultural do Viso, no momento da doazón ás Bibliotecas Municipais de Redondela do libro📖 "O Viso. A construción dunha paisaxe cultural" que, ao longo dun cento de páxinas, fai unha proposta de itinerarios para coñecer a parroquia do Viso e os valores culturais que alí se atopan.
Esta obra📖 é o resultado do traballo encomendado a Xurxo Constela de A Citania para a elaboración dunha publicación arredor do patrimonio
material e inmaterial da parroquia do Viso.
MOITÍSIMAS GRAZAS Á SOCIEDADE CULTURAL DO VISO! 👏👏👏
No hay comentarios:
Publicar un comentario