Redondela adhírese ao proxecto "Bibliotecas en Igualdade".
É a terceira institución de Galicia en facelo tras o Concello de Verín e a Universidade de Vigo.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinou a adhesión do Concello ao manifesto "Bibliotecas en Igualdade", un proxecto posto en marcha pola "Asociación Clásicas y Modernas", asociación de carácter nacional que ten como obxectivo acadar a igualdade no eido da cultura.
No acto de sinatura, a alcaldesa estivo acompañada polo concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa e por Mariana Carballal, representante en Galicia da "Asociación Clásicas y Modernas" e, de xeito telemático dende Madrid, pola secretaria xeral da asociación, Marina Gilabert.
A presidenta da asociación é Anna Caballé Masforroll, premio Nacional de Historia pola biografía ‘Concepción Arenal, la caminante y su sombra’.
O acto pechouse cunha emotiva lectura dramatizada de "Voaxada e carmín" , unha comedia? que dá voz a Maruja e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como As Marías de Santiago de Compostela, da man das actrices Casilda e Sonia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario