lunes, 31 de agosto de 2020

Un 28 que Conta Moito

O día 28 estivo repleto das actividades enmarcadas no programa de animación á lectura da Xunta de Galicia, " Ler conta Moito". 

🔆 A maxia do cine e dos contos en “Cinema Marabillas”

Unha “marabilla marabillosa”😍 foi o espectáculo conducido por Raquel Queizás este pasado venres, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira de Redondela …E que sorpresas encerraba que ninguén se esperaba!!!😮😮😮
Non as podemos desvelar por se os que o “Cinema Marabillas” 🎬non puideron, esta vez, visitar, nalgún outro momento quéreno gozar… 

Un galo cantareiro, unha ovella preguntona, un gato en apuros, unha rata fachendosa…

Animais🐏🐥🐰🐶 peludos, tenros, comellóns, medorentos, curiosos, teimudos, únicos… e sempre adorables,  foron os protagonistas deste contacontos no que as cancións 🎵🎶 que acompañan ás historias  as enriquecen e axudan ao seu desenvolvemento.

Os nenos, do campamento urbán en Redondela, de moi variadas idades, pasárono xenial😄

 

No hay comentarios: