É unha actividade estimulante, que permite variar das miñas rutinas de estudo", así se expresa unha das compoñentes dos clubs de lectura das Bibliotecas de Redondela.
A pesar do peche físico, motivado polas últimas medidas anticovid, as citas culturais nas bibliotecas non se interromperon, trasladándose á rede.
"El último encuentro", de Sándor Márai, foi o título debatido este mes e que serviu para trazar paralelismos entre o final do Imperio austrohúngaro e esta época de incerteza.
"As crises", como dicimos sempre o persoal das bibliotecas, "son tamén unha oportunidade de ampliar horizontes".
Na imaxe : captura de pantalla dunha das dúas reunións dos Clubs de Lectura
No hay comentarios:
Publicar un comentario