viernes, 2 de abril de 2021

Mellores Lectores Infantís do ano 2020

  

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil, que se celebra hoxe, 2 de abril, as Bibliotecas de Redondela conmemoran esta efeméride premiando aos seus mellores lectores infantís.
 
Distinguimos, como en edicións anteriores, aos lectores, menosres de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo no pasado ano, atendendo aos datos que rexistraron as nosas estatísticas. 
 
Os galardoados foron: 

- Na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela, Iria, de 8 anos.
- Na Biblioteca P. M. Xela Arias de Chapela (Redondela), Uxío (na fotografía superior)
  
Isto fainos merecedores dun premio para a adquisición de libros nunha librería do municipio
 
PARABÉN!!!

No hay comentarios: