Mensualmente o SNL do concello de Redondela
estase a poñer en contacto con distintos creadores e persoas das letras para pescudar sobre
as súas preferencias literarias e os libros que máis lles marcaron ao
longo da súa vida.
No mes de febreiro foi Olga Novo, unha das voces emerxentes da nosa poesía, en marzo, un dos escritores consagrados da literatura galega recente: Darío Xohán Cabana.
E en abril, unha libreira de sona: Mercedes Corbillón, directora da afamada librería Cronopios, columnista, personaxe de grande actividade nas redes sociais e apaixoada lectora.
Aquí podedes acceder á entrevista.
As bibliotecas poñemos o noso pequeno gran de area nesta preciosa iniciativa ,
colocando cada mes, nas nosas salas de lectura, un centro de interese
coas obras dos escritores que máis lle prestan ao autor/autora do mes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario