Velaquí está! Misterio resolto!
Compracémonos en presentarvos o vídeo completo de "Buscando
a Xela": visita virtual á Biblioteca Xela Arias
de Chapela.
Unha videovisita á nosa biblioteca situada en Chapela, que leva o nome de Xela Arias, e que festexa así este ano especial dedicado á escritora.
O vídeo paga a pena. Dura uns 10 minutos... pero pásanse
voando!, xa que a narración do mesmo é dinámica, con
misterio e efectos moi divertidos.
Veremos a biblioteca e coñeceremos moito sobre a figura literaria da escritora.
Agardamos que vos
guste, xa que está feito con moito entusiasmo e agarimo. Conta coa dirección,
guión e interpretación de Raquel Queizás, e a
gravación de Fernando Carreira.
Podedes velo aquí:
Neste ano en que as Letras Galegas se lle adican á poeta e tradutora Xela Arias, as bibliotecas municipais de Redondela estamos comprometidas como nunca coa celebración desta festa do noso calendario literario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario