lunes, 10 de mayo de 2021

"Compártome: un achegamento a Xela Arias" Encontro virtual dos centros de ensino e as Bibliotecas Municipais de Redondela coa filóloga Mª Xesús Nogueira


Esta mañá as Bibliotecas Municipais de Redondela e os centros de ensino superior do noso concello gozamos dunha actividade para coñecer máis a figura de Xela Arias, poeta, escritora, editora e activista cultural que dá nome a unha das bibliotecas do noso Concello, e figura literaria á que se lle adica o Día das Letras Galegas 2021.

O encontro, que levaba o suxestivo nome de "Compártome: Un achegamento a Xela Arias", estaba organizado polas bibliotecas e ía dirixido aos centros de ensino superior do municipio, no que participaron, a través da plataforma Zoom un total de 180 persoas.

 

Daniel Boullosa, concelleiro de Cultura de Redondela, presentou a actividade, que xirou arredor dunha amena e dinámica exposición sobre a autora por parte da filóloga Chus Nogueira.


 
Xesús Nogueira é doutora en Filoloxía Galega, profesora na Facultade de Humanidades de Lugo e especialista en poesía contemporánea. É editoria da Poesía Reunida de Xela Arias e unha grande estudosa desta autora, da cal está a piques de publicar un novo estudo de carácter divulgativo.


O evento contou tamén coa presenza de Darío Gil Arias que descubriu novos aspectos acerca da figura da súa nai. 

Alumnos e alumnas dos centros participantes (IES Chapela, IES Illa de San Simón, IES Mendiño, IES Pedro Floriani e CPR Colexio Vigo) leron diversos poemas da poeta e tradutora lucense.


Alumnas do IES Chapela recitando

 
Alumnado do IES Mendiño na súa intervención







Alumna do IES Pedro Floriani recitando versos de Xela Arias

Esta actividade enmárcase dentro das actividades coas que que as Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela celebran a figura de Xela Arias neste ano 2021, e das que xa vos estamos dando conta neste blog.


No hay comentarios: