Este pasado venres se emitía o último dos programas radiofónicos de "Xela a Diario. O poema somos nós", que se enmarca dentro das actividades das Bibliotecas Municipais de Redondela para homenaxear a Xela Arias, autora á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Se non tivestes a oportunidade de escoitalos deixámosvos esta ligazón co acceso aos 20 podcast, duns 8 min. cada un, nos que a narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini, coa colaboración de distintos representantes do mundo da cultura, achegaravos a figura da autora dun xeito ameno, entusiasta e enriquecedor.
Pero "Xela a Diario" non termina aí.
O 3 de maio dará comezo a segunda fase do proxecto co nome de “Xela a diario. Voces amigas”.
Contará con catorce destacados/as convidados/as , entre eles persoas que coñeceron persoalmente a autora, así como membros da súa familia. Todo isto coa colaboración da Radio Municipal de Redondela
“Xela a diario. Voces amigas”se emitirá a través das ondas da Radio
Municipal de Redondela do
3 ao 17 de maio, de luns a domingo, en horario de 12:00 e 17:00 h. Nas
fins de semana tamén será difundido pola Rede de Emisoras Municipais
Galegas (EMUGA).
Así mesmo, os podcast estarán dispoñibles diariamente, a través da páxina web de Radio Redondela e nas redes sociais das Bibliotecas Municipais de Redondela.
Este ano en que as Letras Galegas se lle adican á poeta e tradutora Xela Arias, as bibliotecas municipais de Redondela están comprometidas como nunca coa celebración desta festa no noso municipio pois unha das bibliotecas da súa Rede, a que está situada en Chapela, leva como nome Xela Arias dende o ano 2018 por votación popular.
Agardámosvos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario