lunes, 24 de enero de 2011

"Palabras de Caramelo": a linguaxe dos sordomudos e a cultura saharaui no Club Infantil de Chapela

Debémoslle a Gonzalo Moure, escritor valencián afincado en Asturias, e bo coñecedor da realidade do Sáhara, esta deliciosa novela sobre o amor, a aprendizaxe, a morte, a superación das dificultades e a madureza.

Palabras de Caramelo é unha novela chea de sentimentos e de poesía, onde o protagonista nos da unha lección de vida a través da superación das súas limitacións persoais e tamén a través do seu desexo de aprender e de comprender o mundo que o rodea.

Durante a sesión, puxémonos na pel de Kori, o protagonista, e xogamos a ser quen de ler palabras no movemento dos beizos dos compañeiros.



Tamén descubrimos onde está o Sáhara e como é a vida no deserto. Por último, fixemos exercicios de comprensión lectora e escribimos un pequeno texto con todas as palabras que fumos quen de formar coas letras de Caramelo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Gracias!
Me habéis emocionado... Hace poco estuve en los campamentos con la niña sorda que inspiró el libro. Volveré pronto y le hablaré de vuestras palabras dulces.
Muchos besos.
Gonzalo

Novas das Bibliotecas dijo...

Muchísimas gracias a tí, Gonzalo, por este maravilloso libro ¡y por contactar con nosotros!
El libro ha gustado mucho a todos nuestros chavales y chavalas del club. Dale un beso de nuestra parte a esa niña y... ¡ojalá podamos verte algún día por la biblioteca!