Dado que Facebook é a rede social na que temos máis interacción dende a biblioteca, e a raíz do éxito acadado polo noso anterior concurso, que puxemos en marcha hai uns meses...
Plantexaremos agora un novo xogo para os nosos AMIGOS nesta rede social.
Durante dez días iremos desvelando pistas sobre un PERSONAXE MISTERIOSO, famoso como poucos no mundo da literatura.
Aguzade o enxeño, lede ben as indicacións e descubride de quen estamos a falar. Poderedes conseguir un fantástico premio con forma, contido e presenza de... libro non-electrónico.
Boa sorte!
Prometemos que vai ser moi divertido.
AS BASES:
Concurso: Adiviña de que personaxe falamos.
Daremos unha pista diaria (de luns a venres) que nos conducirá a ese personaxe. Ainda que respondades, non diremos se acertáchedes ou non ata que remate o concurso. O prazo do concurso será ata o venres 7 de Outubro inclusive.
O luns 10 de Outubro desvelaremos a resposta, e explicaremos cada unha das dez pistas. Se hai mais dun gañador faremos un sorteo entre os acertantes. O primeiro acertante terá premio seguro.
As pistas e mais as respostas irán adxuntadas nunha nota que xa temos aberta no noso PERFIL de Facebook. Só se admite unha resposta ao día por cada persoa.
O luns 26 de Setembro daremos a PRIMEIRA PISTA.
Para os que querades participar... contactádenos como amigos en Facebook!
No hay comentarios:
Publicar un comentario