lunes, 26 de septiembre de 2011

Onde atopo este libro???!!!!!!

Todostuslibros.com é un buscador centrado na procura de libros que se editaron en España e os lugares ou establecementos onde se atopan á venda. Unha ferramenta creada grazas a unha iniciativa de Cegal (Confederación Española do Gremio de Libreiros).
A pesar de ser un proxecto recente, xa conta cunha base de datos de 1.700.000 títulos e permite especificar as librerías ou establecementos onde se poden adquirir 637.000 destes libros. Ademais, o número de referencias indexadas non deixa de aumentar, convertendo a esta plataforma nun dos buscadores de libros líderes do sector español.
A ficha de cada un dos libros ofrécenos unha ampla e detallada información que inclúe a sinopsis argumental, unha reseña sobre o autor e diversas características da edición (número de páxinas, editorial, dimensións, prezo, etc.). Este apartado tamén nos indica, con referencia en Google Maps, os establecementos onde podemos mercalo permitindo filtrar aqueles da nosa localidade ou máis próximos.

No hay comentarios: