lunes, 16 de enero de 2012

Exposición na Casa da Torre de Redondela

 
A Casa da Torre, Albergue de Peregrinos de Redondela, inaugurará mañá martes, 17 de xaneiro de unha exposición do pintor Juan Bellas.

A exposición conta cunha sección especial adicada a paisaxes  de Redondela e o seu entorno.

A pintura de Juan Bellas, de querencia impresionista, non se queda na típica interpretación da paisaxe. O expresionismo da súa pincelada, xenerosa as máis das veces, e sobre todo as cores quentes,apredido do fauvismo, son outros alicerces dos seus cadros.

 J. Bellas, recolle a tradición paisaxística e renóvaa apostando pola cor, pola expresión e a composición. O que fai que a súa pintura introduza na temática elementos innovadores.

Dita exposición pode visitarse na Casa da Torre desde o martes 17 de xaneiro ata o 12 de febreiro de 2012.

Horario de 13:00 a 22:00 H. de luns a domingo.

(Fonte: Casa da Torre, Redondela)

No hay comentarios: