miércoles, 18 de enero de 2012

A primeira escola galega de banda deseñada e ilustración abrirá este inverno

Pendente de permisos legais e de rematar as obras para abrir as súas portas, Kiko da Silva ultima o proxecto O garaxe hermético, que quere ser a primeira escola profesional de banda deseñada e ilustración de Galicia. A iniciativa pretende desenvolver polas mañás cursos para a formación de debuxantes que aspiren a traballar nestes campos, cun programa formativo de tres anos que impartirán Kiko da silva, Fernado Iglesias, Miguel Porto e mais os irmáns Jacobo Fernández e Norberto Fernández. Canda a isto, haberá cursos monográficos a cargo de autores de primeira liña do panorama estatal e durante as tardes clases de iniciación para afeccionados. 

Fonte Culturagalega.org

No hay comentarios: