Anunciámosvos a existencia, dende o pasado mes de decembro, dun novo club de lectura organizado de xeito virtual.
O club de lectura se organiza a través dun blog, e está xestionado por un grupo de lectores afeccionados que gustan de compartir opinións a través da rede.
O club de lectura se organiza a través dun blog, e está xestionado por un grupo de lectores afeccionados que gustan de compartir opinións a través da rede.
Trátase da opción ideal para aqueles que desexedes participar nun club de lectura pero non poidades por falla de tempo ou dificultade de horarios.
Aquí a súa carta de presentación:
"Un pequeno grupo de persoas afeccionadas á lectura decidímonos a crear un blogue coa intención de crear algo similar a un club de lectura virtual, onde pode participar calquera persoa.
O blogue chámase Falemos de lecturas e o enlace do blogue é: http://falemosdelecturas.wordpress.com
Este blogue diríxese a todas as persoas interesadas en
compartir lecturas a través de Internet.
Leremos unha obra ao mes e
participarase deixando os comentarios no blogue. Asemade, pode haber actividades
adicionais que iremos propoñendo.
Se che gusta ler e intercambiar opinións, esta é a tua casa!
Toda suxerencia en canto libros a ler, informacións adicionais á lectura é benvida ou opinións sobre temas xerais que xurdan é benvida. Nós mesmos programamos as próximas lecturas, pero estamos abertos a suxerencias e ben que as apreciamos!
- En decembro limos "Sunset Park" de Paul Auster.
- En xaneiro estamos lendo "Ninguén" de Fran Alonso.
- E en febreiro imos ler "A neta do señor Linh" de Philippe Claudel.
- En xaneiro estamos lendo "Ninguén" de Fran Alonso.
- E en febreiro imos ler "A neta do señor Linh" de Philippe Claudel.
No blogue ven máis información ao respecto pero se tes
calquera dúbida podes poñerte en contacto con nos neste email falemosdelecturas@gmail.com
Un cordial saúdo e grazas do grupo "Falemos de lecturas"".
Un cordial saúdo e grazas do grupo "Falemos de lecturas"".
4 comentarios:
Teño entendido que algúns dos clubes das bibliotecas municipais da Coruña naceron hai uns anos xa deste xeito virtual.
Así é, e grazas pola puntualización. Polo que coñecemos, nas bibliotecas municipais de A Coruña existe un club de lectura virtual que leva varios anos de funcionamento: http://ciberclub.blogsome.com/
Tamén existe outro club virtual coordenado entre a biblioteca universitaria de Santiago, a Biblioteca Nodal de Santiago, e outras máis: http://www.fceer.org/clubdelectura/public/index.php?pid=home&lang=ga&libros_pag=1&relatos_pag=1.
O club "Falemos de lecturas" non é o primeiro club virtual, pero sí nos parece destacado que é un club de lectura organizado e coordinado por lectores, de xeito autónomo,máis aló de aqueles que xa promovemos as institucións, como é o caso das bibliotecas. Por iso gustounos a idea, e apoiamos a iniciativa.
¡Un saúdo e grazas pola resposta!
Grazas a vós por achegarnos tantas informacións.
Dende logo que a creación dun clube "autónomo" ten o seu mérito.
Saúdos!
Pensamos que sí, sobre todo pola idea de abrilo a todo o mundo. Graciñas a ti por comentar no noso blog. É un pracer contestar as vosas mensaxes.
Saúdos
Publicar un comentario