Esta tarde os rapaces de Chapela gozaron dunha fermosa tarde de soños e ilusión na biblioteca.
Preparados para a actividade |
Amalia Pérez Otero e mais a súa filla Alba Grimaldi, así como o pequeno Yared, que todos xa coñecemos como protagonista dalgúns dos contos da biblioteca, achegáronse a Chapela para participar nun taller de creación de libros ilustrados.
Soños de algodón é o título dun libro que crearon entre Amalia e Alba ao longo dun inverno chuvioso. Ilustráronno con moito mimo e con moita elegancia, e enchéronno de ideas máxicas e fermosas sobre a visión e a valoración de un mesmo.
Amalia Pérez Otero e Alba Grimaldi, explican como se compón un libro |
A partir deste libro, os rapaces elaboraron os seus propios álbumes, no que repetirían a idea de sí mesmos, como soñarían con transformarse en moitas cousas, pero... ningunha nos satisfará tanto como ser nós mesmos. Non é unha idea fermosa?
Amalia amosa o seu álbum cara aos participantes |
As creacións que saíron do obradoiro foron fantásticas, e a propia autora saíu moi sorprendida do nivel artístico e creativo que teñen os cativos de Chapela. Bravo por eles!
Os participantes escoitan as instruccións de Amalia |
Como se trataba dun obradoiro moi doce, tamén houbo reparto de lambetadas. E ao final, un dos participantes recibiu a sorte de levar o libro consigo. De seguro lle gustará moito!
Con esta actividade celebramos en Chapela o
7º Aniversario da nosa biblioteca!
Os rapaces traballan nas súas creacións |
Estamos moi felices de seguir cumplindo anos, e de contar coa axuda da Concellería de Cultura do Concello de Redondela e mais do programa Letras Vivas da Xunta de Galicia, para axudarnos a facer estas actividades que tanto éxito teñen.
Noelia le o seu conto, escrito e ilustrado por ela mesma |
O noso amigo Miguel foi agraciado co libro "Soños de algodón" |
- Aquí podedes ver a nova en Radio Redondela.
2 comentarios:
Estivemos moi cómodas e gratamente sorprendidos do nivel de creatividade dos cativos de Chapela, da acollida que tivemos e do ben que o pasamos.
Moitas grazas a María e a os nenos que viñeron a pasar o rato con nós. GRAZAS!
Graciñas a vós por vir con tan magnífica disposición. Dende logo temos un grande potencial creativo en Chapela, debemos estar orgullosos. Saúdos Amalia, Alba e Yared. Bicos aos tres
Publicar un comentario