O Club de lectura de adultos de Chapela celebrou onte a II edición da súa particular Travesía Literaria pola Ría de Vigo.
[Velaquí un enlace ás impresións que recollemos na 1ª edición]
O club de lectura disponse a partir |
Gozando do sol, do mar e das verbas dos poetas na paz do océano, intercambiando impresións sobre as nosas lecturas deste verán e, por suposto... lendo; unha experiencia única para coller forzas coas que reiniciar a nosa experiencia do club neste novo curso.
Arriando velas! |
A pequena biblioteca no barco |
Martín Códax, Cabanillas, Rosalía de Castro, Celso Emilio, Bernardino Graña, Xohana Torres, Bécquer, Lorca, Octavio Paz, Pablo Neruda... foron moitos os grandes poetas que nos prestaron a intensidade e a emoción das súas palabras.
Benito nos le un poema de Cabanillas, un dos seus preferidos |
Pero tamén lemos divertidos poemas sobre piratas, lendas sobre as forzas ocultas do mar e ata un conto infantil moi evocador.
Carme tamén nos contou un fermoso conto: "Nun porto de mar" |
A música tamén nos fixo boa compaña |
O Capitán Patapau saíu a poñernos firmes a todos |
Despois de tantas emocións, non podiamos rematar doutro xeito que cunha riquísima merenda para repoñer forzas, compartindo ricas viandas regadas con bo Albariño.
Unha deliciosa merenda para acompañar... |
E cando o sol xa se poñía, tivemos que poñer fin á experiencia, non sen antes felicitarnos todos por compartir unha xornada tan animada.
A volta... cando o sol comezaba a desaparecer |
O Atlántico Diario tamén se fixo eco da nosa xesta marítima:
Atentos, que subiremos máis fotos... VELAQUÍ AS PODEDES VER
4 comentarios:
Que sorte e que envexa me dades... así calquera ten ganas de ler
me falta una....¿donde estás?????
Aquí, aquí:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2011/09/esmorga-literaria-no-mar.html
Tamén aquí:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2012/09/mais-fotos-da-nosa-ii-travesia-literaria.html
Publicar un comentario