martes, 5 de marzo de 2013

Proxección do Filme Sinbad, na Biblioteca de Chapela

    
 
O vindeiro Xoves 14 de Marzo, ás 19:00 h., no Auditorio do Multiusos de Chapela, proxectaremos o filme Sinbad, dirixida por Antón Dobao, e que está baseada na novela de Álvaro Cunqueiro: Se o vello Sinbad volvese ás Illas.

"Sinbad" narra a historia dun vello mariñeiro que rememora, en conversacións con viaxeiros de todo o mundo, un pasado cheo de aventuras que soña con retomar, nun relato característico o realismo máxico de Cunqueiro onde o pasado e o presente se entrelazan constantemente.

O filme foi estreado no ano 2011, dentro da conmemoración do centenario do nacemento do escritor de Celanova.


A actividade realízase como colaboración entre o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e mais as Bibliotecas de Redondela.

No hay comentarios: