domingo, 7 de abril de 2013

Club de lectura de adultos en Terramar, con Ursula K. Le Guin

O pasado mes de marzo a nosa xuntanza do club de lectura xirou entorno a un xénero pouco habitual nas nosas xuntanzas: unha novela de corte fantástico, ambientada nas lonxanas e fantásticas terras de TERRAMAR.
 
Un mago en terramar é a primeira parte da pentaloxía das Historias de Terramar, que a estadounidense Ursula Kroeber Le Guin (Ursula K. Le Guin) comezou a escribir en 1968 e que continuou en anos sucesivos, ata  rematar no 2001, no que deixou publicado En el otro viento, a última parte da saga.

A escritora, Ursula K. Le Guin
Edición americana de "Un mago en Terramar"
 
Esta novela se diferencia de outras do seu xénero porque, a pesar de que abunda nela un ton épico, grandioso e transcendente, o tema xeral da novela non xira en torno a uns inimigos que se atopan no exterior, senón que o inimigo se atopa no interior do propio protagonista.
 
Entre as súas páxinas se pode atopar un importante contido de filosofía sobre a autoaceptación, sobre os valores humanos e sobre a necesidade de aprender e coñecernos a nós mesmos.
 

Mapa descriptivo das lonxanas terras de Earthsea ou Terramar

A novela xoga con conceptos como a ambición, o desexo de destacar, a vaidade... e os contrapón á honestidade de ser un mesmo e a responsabilidade de cumplir os nosos cometidos persoais na vida e de gañar así a nosa madureza persoal.
 
O poder das palabras cobra moita importancia. Cun ton moi platónico a novela nos sinala como un mago debe coñecer o "auténtico nome" do obxecto ou da persoa para poder exercer sobre el algunha influencia, o nome verdadeiro ven a ser a existencia real das cousas. 

A primeira novela da saga, en español

Minotauro editou recentemente as 5 novelas nun só volume
A pesares do seu interesante contido filosófico, a novela tivo un recibimento dispar nos nosos lectores, moitos dos cales a consideraron moi pesada e pouco atraente.
 
Como curiosidade, sinalaremos que as historias desta saga chegaron ao cinema, nunha versión animada dirixida por Goro Miyazaki, fillo do célebre Hayao Miyazaki.


Estudio Ghlibi levou a terceira novela da saga a unha versión en anime


No hay comentarios: