O pasado martes 26 tivo lugar unha nova xuntanza das bibliotecas escolares e municipais de Redondela.
Desta vez a voz a levaron as bibliotecarias escolares, que están a avanzar no proxecto do cómic viaxeiro, proxecto que tivo a súa orixe no Baúl Viaxeiro posto en marcha polas bibliotecas municipais hai dous anos.
E seguen máis proxectos de colaboración, como a participación no "Ponte nas ondas" ou a gravación de contos para Radio Redondela.
As xuntanzas entre as bibliotecas veñen celebrándose dende 2010, e estan a dar moi bos froitos no traballo das bibliotecas participantes. Así, o pasado mes de Outubro, as bibliotecas participantes nestas xuntanzas foron convidadas a expoñer as súas experiencias no V Encuentro de Bibliotecas y Municipio, organizado polo Ministerio de Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario