A xenial escritora sueca María Gripe (1923-2007), autora de moi exitosas novelas para o público infantil e xuvenil, foi a protagonista da nosa sesión do club.
María Gripe se converteu nunha das grandes escritoras da literatura para rapaces entre as décadas dos 60 e mais dos 80 do século XX, ata recibir o prestixioso Premio Andersen no ano 1974.
Xunto a novelas como La hija del espantapájaros ou Los hijos del vidriero, Gripe deu en ser moi coñecida polo seu personaxe Elvis Karlsson, do cal fixo tres novelas: "Elvis Karlsson" (1972), "Elvis, Elvis" (1973) e "El auténtico Elvis" (1976).
Elvis Karlsson é un neno de seis anos que reflexiona sobre o mundo que o rodea dun xeito moi lúcido e maduro para a súa idade. Vive coa sombra da incomprensión por parte dos seus pais, pouco atentos e interesados nel, e é o seu avó o único membro da familia con quen pode falar e ser el mesmo.
A pesares de que a súa vida familiar é dura, Elvis non é un neno desgraciado, senon que, pola contra, sabe atopar un mundo fóra da súa casa, con tarefas importantes que só el pode realizar, e amigos maiores cos que aprender a vivir, que resolven as súas dúbidas e lle acompañan.
A pesares de que a súa vida familiar é dura, Elvis non é un neno desgraciado, senon que, pola contra, sabe atopar un mundo fóra da súa casa, con tarefas importantes que só el pode realizar, e amigos maiores cos que aprender a vivir, que resolven as súas dúbidas e lle acompañan.
Elvis gustou aos nosos lectores, aínda que lles pareceu unha novela moi triste.
O protagonista pareceulles tímido, preocupado, soñador, amable e inquedo, pero tamén solitario e bastante incomprendido.
Do mesmo xeito que Elvis ten as súas habilidades para coidar flores e animais, falamos das habilidades que temos cada un de nós e de que cousas nos gusta facer para axudar. Tamén falamos de refráns, pois algúns saen na novela, e imaxinamos como continuaría a novela, e como sería o reencontro de Elvis coa súa amiga Julia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario