Nestes días dende as Bibliotecas de Redondela nos achegamos á aula de emprego da Aula de formación de Pousadouro para compartir a nosa experiencia na biblioteca co alumnado do Obradoiro Empregaverde para a formación e inserción no emprego, que está a organizar o Concello de Redondela en colaboración coa Xunta de Galicia.
Neste caso, o módulo de Dinamización cultural e actividades de tempo libre para público infantil e xuvenil interesouse en coñecer o Kamishibai como recurso para contar contos, e tamén pola actividade que realizaramos cos cativos na biblioteca no pasado mes de Decembro.
Neste caso, a nosa compañeira María José, da Biblioteca de Chapela, e mais Mercedes Méndez, voluntaria que xa ten participado nalgunhas das actividades desta biblioteca, achegáronse ata a aula de emprego, onde gozaron dun bo recibimento.
Valémonos do conto de Kamishibai co que xa traballaramos cos rapaces de Chapela |
Despois de explicarlles que é o kamishibai, a súa orixe e tradición e mais de contarlles un conto con este enxeño, os participantes no obradoiro, comezaron a traballar na elaboración do seu propio conto.
O conto do Rato Tom e Rata Tomasa xa está a converterse nun xogo de Kamishibai |
Recibimos un fermoso agasallo por parte do alumnado do curso.
Agardamos que os nosos amigos podan amosarnos o conto moi pronto nas bibliotecas.
Mercedes realizou moitas fotos da actividade, podedes velas no seu álbum de Facebook, premendo AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario