A pasada semana celebramos San Valentín nas bibliotecas públicas de Redondela ofrecendo aos nosos usuarios unhas curiosas e tentadoras citas a cegas cos libros.
Temos que darvos as GRAZAS a todos os e as participantes. Foi unha sorpresa abrir as bibliotecas e observar que se nos achegaban persoas ilusionadas con este pequeno xogo... lectores e lectoras afoutos que, cun sorriso nos beizos, decidían "arriscarse" a unha proposta lectora das bibliotecas, completamente a cegas.
As nosas citas románticas libro-lector foron moitas. O feito é que na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela as propostas lectoras se esgotaron no mesmo Venres 14:
Así quedou a estantería das citas a cegas en Redondela (Venres 14, ás 8 pm) |
En Chapela houbo que ampliar a oferta de libros para estes préstamos especiais, porque na véspera do romántico día 14, só nos quedaron dous libros para emparellar.
Estamos moi satisfeitos coa resposta que obtivemos cos nosos lectores, e tamén polo entusiasmo e seguemento que a actividade xerou nas redes sociais, con felicitacións e notas entusiasmadas por parte dos e das participantes... incluso fotos cos libros!
Pero, sobre todo, porque as citas están a resultar moi ben. Estamos a recibir moitos comentarios de satisfacción acerca dos libros que estes lectores arriscados levaron á casa, e da sensación que están a ter coa súa lectura. En moitos casos, como nos comentan, non se lles tería ocorrido escoller estes títulos, e o grande pracer que lles supón este descubrimento lector.
Felicitámonos... e felicitámosvos a todos e todas pola experiencia... grazas por participar, grazas por difundilo e, sobre todo, grazas por gozalo connosco!
E ademáis... hoxe daremos o nome do gañador/-ra do sorteo entre os participantes na nosa proposta "De amor e de palabras", de encher de poesía a nosa rede Facebook. A participación, nesta, tamén foi moi interesante. Grazas tamén por estar ahí!
E ademáis... hoxe daremos o nome do gañador/-ra do sorteo entre os participantes na nosa proposta "De amor e de palabras", de encher de poesía a nosa rede Facebook. A participación, nesta, tamén foi moi interesante. Grazas tamén por estar ahí!
No hay comentarios:
Publicar un comentario