É doado xulgar inxustamente a un libro por unha portada . Ás veces, por unha simple ollada, devolvémolo ao estante, e perdémonos unha grande historia.
A iniciativa Cita ás cegas cun libro (en inglés, Blind Date with a book) naceu nunha biblioteca pública de Los Ángeles co fin de redescubrir magníficas historias que permanecían esquecidas nos estantes.
Cita ás cegas consiste en ofrecer en préstamo, unha serie de libros envolvidos de tal maneira que resulta imposible coñecer o seu título ou autor
Aproveitando a proximidade de San Valentín, invitámoste a que pases os días 12, 13 e 14 deste mes, pola Biblioteca Municipal e pola Axencia Municipal de Lectura (Chapela), tomes en préstamo un destes libros e te animes a pasar unhas horas inesquecibles compartidas con ese descoñecido co que decidiches arriscarte a ter a cita.
Queremos avisarte de que, nun deses libros, un lector se encontrará unha tarxeta cunha proposta de matrimonio. Se es o agraciado e lle dás o si, poderás quedar co libro.
Esperamos que todas esas citas sexan polo menos "o inicio dunha bonita amizade".
A actividade ven ligada con outra proposta romántica que tamén temos nas bibliotecas para estes días: De Amor e de Palabras... porque queremos que os vosos poemas de amor preferidos enchan o noso espazo en Facebook.
2 comentarios:
Ay!!!
Non teño carné de sociada biblioteca, pódese participar de tódolos xeitos?
Boas Vitrubia!
Non é problema, só tes que traer unha fotografía e mais o teu DNI e te podes facer socia da biblioteca no momento. Animate a vir! :-)
Publicar un comentario